Quantcast
Channel: Ría de Ribadeo
Viewing all articles
Browse latest Browse all 349

Biluricos bastardos e outras limícolas na charca de Rinlo

$
0
0
Son datas de paso de aves migratorias pola nosa costa, e comezan xa a verse observacións interesantes. O pasado xoves Pablo García avisoume de que vira na charca de Rinlo un exemplar de bilurico bastardo (Tringa glareola), e o venres fomos os dous xuntos a ver si seguía por alí. Para a nosa sorpresa, non só seguía alí, senón que había tres exemplares. Aquí van algunhas fotos.








Ademais dos biluricos bastardos, chamounos tamén a atención a presenza de pilros pequenos (Calidris minuta).

Pilro pequeno

Pilro pequeno xunto a bilurico bastardo


O baixo nivel de auga da charca nestes momentos parece ser da querenza das aves limícolas que pasan por alí, xa que había varias especies. Ademais das citadas anteriormente, había tamén outras coma píllaras reais (Charadrius hiaticula), becacinas (Gallinago gallinago) ou biluricos comúns (Tringa totanus).

Charca de Rinlo

Píllara real

Pilro pequeno, píllara real e bilurico bastardo

Bilurico común e bilurico bastardo

Píllaras reais e pilro pequeno

Tamén decidiu pasar por alí unha garza real (Ardea cinerea), que non por ser máis común, deixa de ser fermosa.



Xa mirando cara ó mar, vimos pasar tamén un bando de mazaricos (Numenius spp.) e outro de pentumeiros (Melanitta nigra).



E para rematar esta breve entrada, unhas fotos deste exemplar de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), cunha anela verde co código CG branco. Segundo as averiguacións de Gilberto Sánchez, quen se nos uniu posteriormente, provén dun programa de anelamento do Pais Vasco.



Pena Corveira (Rinlo)


Imágenes y texto bajo licencia Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com

Viewing all articles
Browse latest Browse all 349

Trending Articles


LUIS RODRÍGUEZ FIGUEROA [9822]


KAREN PLATA [18.223]


MARÍA MERCEDES VENDRAMINI [19.341]


DOUKAS KAPANTAΪS [9771]


FABIÁN DARÍO MOSQUERA [17.923] Poeta de Colombia


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


XLR8 – Ben 10


Piccolo