Non tivera tempo de reseñalo no blog, pero fai un mes estiven en Estaca de Bares con gran Antonio Sandoval. Foi unha mañá con pouco paso migratorio, comparado con xornadas anteriores nas que se rexistraron cifras impresionantes de diversas especies. Pero igualmente merece a pena ir porque sempre se ve algo, ademáis de poder charlar e aprender con Toñete.
Nesa mañá o que máis vimos foron mazcatos (Morus bassanus), palleiras grandes (Stercorarius skua), pardelas escuras (puffinus griseus), pichonetas (Puffinus puffinus) e balerares (Puffinus mauretanicus). Ademáis de varios grupos de delfíns.
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com