Quantcast
Channel: Ría de Ribadeo
Viewing all articles
Browse latest Browse all 349

De volta pola ría

$
0
0





De volta en Ribadeo o domingo 25 saín dar unha volta pola ría. E isto foi o que vin:


Castellano / Nombre científico / Galego

250 (aprox.) - Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión
x- Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco
6 - Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
x - Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
x - Garceta / Egretta garzetta / Garzota
x - Garza real / Ardea cinerea / Garza real
37* - Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro
2 - Aguilucho lagunero / Circus aeruginosus / Tartaraña das xunqueira
1 - Ratonero / Buteo buteo / Miñato
3** - Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
x - Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador
20 - Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
42 - Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerd
3 - Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rocha
15 (aprox) - Aguja colipinta / Limosa lapponica / Mazarico rubi
x - Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
x - Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
x - Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
x - Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón
1 - Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe


*  Eu só vin 12 cullereiros, pero encontreime con Gilberto Sánchez Jardón en Salías, e díxome que él contara 37 antes de que unha embarcación os levantara e se dispersaran. Un deles estaba anelado, e xa veu por aquí outros anos.
** E pescadoras vin só 2, pero estiven tamén con Carlos Sanjurjo, que despois de despedirnos avisoume de que acababa de ver outra na zona da Xunqueira de Porto. Así que se confirma que volve a haber 3 invernantes este ano.

 

 



Tamén vin unha "rareza" en Salías. Mentres estaba charlando tranquilamente con Gilberto apareceu de repente un xabaril correndo coma un tolo pola beira do mar. Saíunos a moi pouca distancia, e tan rápido que cando quixen comezar a grabar xa estaba mais lonxe. Pero conseguín pillalo. Máis tarde chegou un can de caza seguindo o rastro, así que ese era o motivo da súa desesperada fuxida.



Pinchar para ver o video.


Saúdos e ata a próxima.

 

Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons

Enrique Sampedro Miranda

Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com




Viewing all articles
Browse latest Browse all 349

Trending Articles


LUIS RODRÍGUEZ FIGUEROA [9822]


KAREN PLATA [18.223]


MARÍA MERCEDES VENDRAMINI [19.341]


DOUKAS KAPANTAΪS [9771]


FABIÁN DARÍO MOSQUERA [17.923] Poeta de Colombia


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


XLR8 – Ben 10


Piccolo