Quantcast
Channel: Ría de Ribadeo
Viewing all articles
Browse latest Browse all 349

Censo de aves invernantes na Ría de Ribadeo

$
0
0

Zona media da ría, con Ribadeo ó fondo











Pois aquí van os resultados do meu censo de aves acuáticas invernantes 2020 na ría. As cifras son o resultado de varios días de observacións. Nestes días encontreime tamén cos encargados de elaborar os censos para a Xunta de Galicia e o Principado de Asturias, así coma con outros aficionados á ornitoloxía que viñan pola súa conta. Así, en diferentes xornadas coincidín con xente coma Gustavo Martínez Lamas, Jilberto S. Jardón, Pablo Fernández ou Luis Mario Arce. Como digo sempre, a Ría de Ribadeo debe ser o humidal mellor censado, xa que ademais dos censos das dúas administracións autonómicas, normalmente veñen tamén censar membros da SGHN, nalgúns anos a COA, e nos últimos anos súmase tamén o censo deste blog. Así que entre todos, malo será que se quede algo sen censar, digo eu... En fin, imos cos meus números:



3Gavia immerColimbo GrandeMobella grande
1Tachybaptus ruficollisZampullín ComúnMergullón pequeno
1Podiceps cristatusSomormujo LavancoMergullón cristado
1Podiceps auritusZampullín CuellirrojoMergullón real
15Podiceps nigricollisZampullín CuellinegroMergullón de pescozo negro
40Phalacrocorax carboCormorán GrandeCorvo mariño
3Phalacrocorax aristotelisCormorán MoñudoCorvo mariño cristado
68Bubulcus ibisGarcilla BueyeraGarza boieira
32Egretta garzettaGarceta ComúnGarzota
30Ardea cinereaGarza RealGarza real
25Platalea leucorodiaEspátula ComúnCullereiro
244Anas penelopeSilbón EuropeoPato asubiador
16Anas streperaAnade FrisoPato frisado
95Anas creccaCerceta ComúnCerceta
512Anas platyrhynchosAnade AzulónLavanco
27Anas acutaAnade RabudoPato rabilongo
2Melanitta nigraNegrón ComúnPentumeiro
18Haematopus ostralegusOstrero ComúnLampareiro - gabita
17Pluvialis squatarolaChorlito GrisPíllara cincenta
75Calidris alpinaCorrelimos ComúnPilro común
3Limosa limosaAguja ColinegraMazarico rabinegro
13Numenius phaeopusZarapito TrinadorMazarico chiador
58Numenius arquataZarapito RealMazarico real
7Tringa totanusArchibebe ComúnBilurico patirrubio
43Tringa nebulariaArchibebe ClaroBilurico pativerde
19Actitis hypoleucosAndarríos ChicoBilurico das rochas
225Chroicocephalus ridibundusGaviota ReidoraGaivota chorona
130Larus fuscusGaviota SombríaGaivota escura
40Larus michahellisGaviota PatiamarillaGaivota patiamarela
1Larus marinusGaviónGaivotón
10Sterna sandvicensisCharrán PatinegroCarrán cristado
2Circus aeruginosusAguilucho LaguneroTartaraña das xunqueiras
3Pandion haliaetusÁguila PescadoraAguia pescadora


Zona externa da ría












Pena furada e praia de Arnao ó fondo. Zona externa da ría

 
Co censo na man, un dos primeiros indicadores nos que nos fixamos sempre é nas anátidas. E este ano os datos son moi chamativos, xa que o descenso no número de exemplares invernantes é considerable. Por exemplo, no caso do pato asubiador (Anas penelope), falamos de que hai case a metade de exemplares que nos últimos tres anos. Ocorre algo similar coas cercetas (Anas crecca), ainda que é certo que estas teñen maior variabilidade no noso estuario ó longo dos anos. Pero, sen dúbida, o dato máis chamativo de todo o censo e o do pato rabilongo (Anas acuta), do que temos a cifra máis baixa desde que existen rexistros, fai mais de corenta anos. E aínda que o descenso da súa poboación invernante é unha tendencia na Ría de Ribadeo, este ano o dato é extraordinariamente baixo. A presenza de tan só 27 exemplares, fronte á media de máis de douscentos da última década, é realmente chamativo. Ainda que hai que dicir que debeu haber un desprazamento de exemplares a outro lugar, xa que a comezos de decembro había 80 exemplares. De tódolos xeitos estes datos van acordes ós de outros humidáis peninsulares, nos que a invernada de anátidas este ano está sendo moi pobre. Coma sempre, os datos dos censos hai que analizados a medio prazo, coa perspectiva de varios anos, para poder sacar conclusións.





Tamén son baixos os números para as limícolas, sendo especialmente destacable a escasa presenza de mazarico rabinegro (Limosa limosa) acostumados ás cifras dos últimos anos. Do mesmo xeito, o pilro común presenta unha cifra moito máis baixa do habitual. Os mazaricos real e chiador, pola contra, están en cifras similares ó ano pasado, mentres que este ano o que aumentou a súa presenza de xeito destacable foi a píllara cincenta, que fluctúa moito dun ano para outro.

Lampareiros - Ostreros











Para finalizar con esta pequena análise dos datos resaltar, cómo non, a presenza das tres aguias pescadoras invernantes, repetindo así a cifra dos últimos catro anos. Unha especie que, por certo, cumpre 10 anos coma invernante no noso estuario. Tamén destacable a presenza este ano de mergullón real (Podiceps auritus) e de mergullón cristado (Podiceps cristatus), especies que chaman a atención na nosa ría.

Zona interna da ría

















Para unha próxima entrada deixo as fotos que tiven tempo de sacar estes días entre conteo e conteo.

Saúdos e ata a próxima.


Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
Blog Ría de Ribadeo: www.riaderibadeo.com
 




Viewing all articles
Browse latest Browse all 349

Trending Articles


LUIS RODRÍGUEZ FIGUEROA [9822]


KAREN PLATA [18.223]


MARÍA MERCEDES VENDRAMINI [19.341]


DOUKAS KAPANTAΪS [9771]


FABIÁN DARÍO MOSQUERA [17.923] Poeta de Colombia


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


XLR8 – Ben 10


Piccolo