De novo en Ribadeo, aquí vai un reporte do que vin onte pola mañá nunha saída pola ría. Tan pola mañá, por certo, que aínda nin amencera. Así que tiven que agardar un pouco en Castropol ata que houbo luz suficiente para poder mirar polo telescopio e tamén para poder sacar fotos.
No tesón da Berlinga, como é habitual alí, varios lampareiros, corvos mariños e gaivotas.
Pola canle, un par de pentumeiros e tres mergullóns de pescozo negro.
Chegou logo Carlos Sanjurjo e cambiamos de sitio para ver si por alí víamos algunha mobella, cousa que fixemos. E localizamos tamén o mergullón cristado que hai este inverno na ría.
Dalí fomos un ratiño ata Salías, onde observamos cullereiros, garzotas, garzas reais, biluricos pativerdes, mazaricos reais, mazaricos rabinegros, pilros comúns, así coma patos asubiadores e lavancos.
E logo, xa eu só, fun ata o Muro de Lamas, onde estiven contando os bandos de anátidas, e puiden ver tamén varias especies de limícolas, coma mazaricos das duas especies, real e chiador, ou catro píllaras cincentas.
Aquí van as cifras das especies observadas:
Botei de menos o bando de gansos biquicurtos, que o venres mesmo aínda estivo vendo Carlos, pero que onte non vimos.
Comentar ademais que o venres 6 a ría tivo a visita dun grupo organizado, traído pola empresa SpainBirds Nature, e que tiña como guía a Antonio Sandoval. Polo que sei a través do propio Antonio, poideron ver a maioría destas especies, polo que o grupo marcharía contento.
Saúdos e ata a próxima.
Imaxes e texto baixo licenza Creative Commons
Enrique Sampedro Miranda
No tesón da Berlinga, como é habitual alí, varios lampareiros, corvos mariños e gaivotas.
Lampareiros |
Pola canle, un par de pentumeiros e tres mergullóns de pescozo negro.
Pentumeiros (enriba, á dereita) e mergullóns de pescozo negro (abaixo á esquerda) |
Mergullóns de pescozo negro |
Chegou logo Carlos Sanjurjo e cambiamos de sitio para ver si por alí víamos algunha mobella, cousa que fixemos. E localizamos tamén o mergullón cristado que hai este inverno na ría.
Mergullón cristado |
Dalí fomos un ratiño ata Salías, onde observamos cullereiros, garzotas, garzas reais, biluricos pativerdes, mazaricos reais, mazaricos rabinegros, pilros comúns, así coma patos asubiadores e lavancos.
Cullereiros |
Mazaricos rabinegros |
Garzota |
Bilurico das rochas |
Miñato |
E logo, xa eu só, fun ata o Muro de Lamas, onde estiven contando os bandos de anátidas, e puiden ver tamén varias especies de limícolas, coma mazaricos das duas especies, real e chiador, ou catro píllaras cincentas.
Píllaras cincentas e mazaricos |
Aquí van as cifras das especies observadas:
Castellano / Nombre científico / Galego
250- Ánade silbón / Anas penelope / Asubiador - pato asubión
4- Ánade friso / Anas strepera / Pato frisado
83- Cerceta / Anas crecca / Cerceta
X- Ánade real / Anas platyrhynchos / Lavanco
80- Ánade rabudo / Anas acuta / Pato rabilongo
2- Negrón / Melanitta nigra / Pentumeiro
1- Colimbo grande / Gavia immer / Mobella grande
1- Somormujo lavanco / Podiceps cristatus / Mergullón cristado
3- Zampullín cuellinegro / Podiceps nigricollis / Mergullón de pescozo negro
X- Cormorán / Phalacrocorax carbo / Corvo mariño
X- Garceta / Egretta garzetta / Garzota
15- Garza real / Ardea cinerea / Garza real
23- Espátula / Platalea leucorodia / Cullereiro
1- Ratonero / Buteo buteo / Miñato
3- Águila pescadora / Pandion haliaetus / Aguia pescadora
5- Ostrero / Haematopus ostralegus / Lampareiro ou gabita
4- Chorlito Gris / Pluvialis squatarola / Píllara cincenta
2- Correlimos común / Calidris alpina / Pilro común - pilro curlibico
X- Zarapito trinador / Numenius phaeopus / Mazarico chiador
X- Zarapito real / Numenius arquata / Mazarico real
75- Zarapitos spp
1- Archibebe común / Tringa totanus / Bilurico patirrubio - bilurico común
13- Archibebe claro / Tringa nebularia / Bilurico pativerde - bilurico claro
5- Andarríos chico / Actitis hypoleucos / Bilurico das rochas
4- Aguja colinegra / Limosa limosa / Mazarico rabinegro
X- Gaviota reidora / Chroicocephalus ridibundus / Gaivota chorona
X- Gaviota sombría / Larus fuscus / Gaivota escura
X- Gaviota argéntea / Larus argentatus / Gaivota arxéntea
X- Gaviota patiamarilla / Larus michahellis / Gaivota patiamarela
X- Gavión atlántico / Larus marinus / Gaivotón
1- Martín pescador / Alcedo atthis / Picapeixe - martiño peixeiro